1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: L-5/2013.
2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza do parque de bombeiros. Duración: catro anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.
4. Orzamento base de licitación: 45.000 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.
7. Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría a.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 14 de outubro de 2013. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
A Coruña, 6 de setembro de 2013
P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública