Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38135

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de información pública sobre taller para cambio de pneumáticos e lavado de coches.

Exposición pública da solicitude de licenza de actividade suxeita a avaliación de incidencia ambiental.

José Manuel Horta Otero solicitou deste concello licenza municipal de actividade para taller para cambio de pneumáticos e lavado de coches que se situará na rúa Longán, nº 5, baixo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do concello, co fin de que se poida examinar o expediente, no Departamento de Urbanismo deste concello, e formular por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas.

Cangas, 4 de setembro de 2013

José Enrique Sotelo Villar
Alcalde