Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38133

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boiro

ANUNCIO de formalización do contrato das obras de construción da Casa dos Veciños de Cespón.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local do 27 de agosto de 2013, adxudicouse o contrato da obra de construción da Casa dos Veciños de Cespón. O que se publica para os efectos do artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Boiro.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.boiro.org

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obras de construción da Casa dos Veciños de Cespón.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45210000.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación:

– Xornal La Voz de Galicia do 12.6.2013.

Boletín Oficial da provincia, nº 73, do 17.4.2013.

Diario Oficial de Galicia, nº 86, do 6.5.2013.

– Perfil do contratante.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento máximo de licitación.

5. Formalización do contrato: 320.228,00 euros (IVE incluído).

a) Data de adxudicación: 27.8.2013.

b) Data de formalización do contrato: 3.9.2013.

c) Contratista: Obras y Viales de Galicia, S.L.

d) Importe de adxudicación: 231.920,00 € (IVE incluído).

Boiro, 3 de setembro de 2013

Juan José Dieste Ortigueira
Alcalde