Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013 pola que se rectifica a referencia ao cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no anuncio de publicidade da formalización do contrato de servizos de elaboración de diagnósticos e análises da capacidade de internacionalización das empresas galegas (PA 6/11).

O 27 de maio de 2013 (DOG núm. 99) publicouse a Resolución do director xeral do Igape do 9 de abril pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de elaboración de diagnósticos e análises da capacidade de internacionalización das empresas galegas, cofinanciado nun 70 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), eixe 2, tema prioritario 2.08.

Mediante a Decisión C (2012) 1621 da Comisión Europea, do 27 de marzo de 2012, que modifica a Decisión C (2007) 6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, modificouse a porcentaxe de cofinanciamento europeo para o dito programa, que pasou a ser dun 80 % en vez dun 70 %.

Polo anterior, e en virtude da delegación de facultades ao meu favor conferida, por acordo do Consello de Dirección do Igape do 29 de marzo de 2012 (DOG núm. 78, do 24 de abril),

RESOLVO:

Rectificar a referencia ao cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) na publicación referida nos seguintes puntos do anuncio:

Na cabeceira do anuncio, que debe dicir:

Resolución do 9 de abril pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos de elaboración de diagnósticos e análises da capacidade de internacionalización das empresas galegas, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), eixe 2, tema prioritario 2.08.

No número 4 do anuncio, que debe dicir:

Orzamento máximo de licitación: 800.000 € (oitocentos mil), máis IVE (400.000 €, máis IVE, para a vixencia inicial, e 400.000 €, máis IVE, para a prórroga), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), eixe 2, tema prioritario 2.08.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica