De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
A Coruña, 12 de setembro de 2013
Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: AC-71/13.
Denunciado: Marcos Pose Paredes.
NIF: 33289479S.
Establecemento: Meigas.
Domicilio: urbanización La Peregrina, local 4, Bertamiráns.
Localidade: Ames.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b) da Lei 7/2011.
Resolución: 19 de agosto de 2013.
Sanción: multa de douscentos euros (200 €).