Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

CÉDULA do 11 de setembro de 2013 pola que se fan públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación ou informe para a contratación como profesor universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 4 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), fanse públicas as resolucións relativas aos expedientes de avaliación ou informe para a contratación como profesor universitario polas universidades de Galicia, relativas á convocatoria publicada a través da Resolución do 4 de febreiro de 2013 (DOG do 26 de marzo), e que, intentada a súa notificación no domicilio indicado pola interesada, non se puido practicar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).

A persoa citada no anexo deberá comparecer persoalmente ou debidamente representada, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5ª planta do CIFP Compostela; Lamas de Abade, s/n, 15702, Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da notificación, advertindo que, en caso de no comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

As resolucións de recurso poñen fin á vía administrativa e poderán ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación
da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia

ANEXO

Nome

Identificación

Expediente

Mônica Heloane Carvalho de Sant´Ánna

54380439K

172-1A/13-067/PCD

173-1A/13-049/PAD