Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 90/12-I), actuación cofinanciada por fondos do Estado nun 50 % dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 2, Infraestruturas e equipamentos básicos (expediente 7/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, pola que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 90/12-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18990

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 7 de xuño de 2013; BOE nº 143, do 15 de xuño 2013, e DOG nº 111, do 12 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: si, dous.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.606.976,00 €; IVE (21 %): 337.464,96 €. Importe total: 1.944.440,96 €.

Valor estimado: 1.606.976,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote nº 1: sete (7) vehículos de 3.000 litros de capacidade mínima para dúas persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución da adxudicación: 31 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: Incipresa, S.A.

c) Importe: 961.345,00 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 2.9.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única oferta presentada e que cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Lote nº 2: sete (7) vehículos de 2.400 litros de capacidade mínima para catro persoas e 2.400 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución da adxudicación: 31 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: Incipresa, S.A.

c) Importe: 961.345,00 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 2.9.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única oferta presentada e que cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar