Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de oito (8) avións con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2013, 2014 e 2015, proposta 2/13-I (expediente 27/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de oito (8) avións con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais e a prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2013, 2014 e 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19045

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 19 de xuño, BOE nº 152, do 26 de xuño, e DOG nº 129, do 9 de xullo de 2013.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 3.087.618,00 € (exento de IVE).

Valor estimado: 7.512.996,00 euros (exento de IVE) (incluídas posibles prórrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 14 de agosto de 2013.

b) Adxudicataria: Servicios Aéreos Europeos y Tratamientos Agrícolas, S.L.

c) Importe: 3.086.856,00 euros (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 14.8.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar