Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quintela de Leirado

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno do 4 de xuño de 2013, de conformidade cos artigos 85.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, acordouse suspender o otorgamento de licenzas en todo o termo municipal de Quintela de Leirado, sen prexuízo de que se poidan dar aquelas licenzas que supoñan obras de simple conservación. Non obstante, con carácter excepcional, o alcalde, en atención ás circunstancias que concorran e sempre que non se trate de ámbitos do territorio obxecto de planeamento cunhas novas determinacións que supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, poderá acordar a concesión daquelas licenzas cuxa compatibilidade coas determinacións Plan xeral de ordenación municipal sexa incuestionable. A duración da suspensión inicial, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Quintela de Leirado, 11 de xuño de 2013

José Antonio Pérez Cortes
Alcalde