Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre oficinas e almacenaxe de produtos de limpeza e residuos en Tameiga (expediente 2012/017).

Sométese a información pública o expediente 2012/017, tramitado por instancia de Limpiezas Faro, S.L. para a concesión dunha licenza de actividade para oficinas e almacenaxe de produtos de limpeza e residuos na avenida de Puxeiros, 86-módulo 3, na parroquia de Tameiga deste municipio. De conformidade co disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, durante o prazo de vinte días, que se contarán a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que considere convenientes.

Mos, 26 de agosto de 2013

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa