Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Crecente

ANUNCIO de información pública sobre o Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal, por Acordo do Pleno, do 30 de agosto de 2013, de conformidade co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública xunto co informe de sustentabilidade ambiental polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Crecente, 30 de agosto de 2013

Julio César García-Luengo Pérez
Alcalde