Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37908

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (procedemento de execución de títulos xudiciais (129/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 129/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mª Luz Regueiro Montes contra a empresa Districar Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditaron auto e decreto, o 26 de xullo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Luz Regueiro Montes, contra Districar Santiago, S.L., parte executada, por importe de 2.503,15 euros en concepto de principal máis outros 250,31 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, perante este órgano xudicial, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Español de Crédito, conta nº 00301846420005001274, e deberá indicar, no campo concepto, Recurso seguido do código 30 Social-Reposición. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código 30 Social- Reposición. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a-xuíz/a A secretaria xudicial»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas, acordo:

Dar traslado a Mª Luz Regueiro Montes e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que no prazo de quince días poida designar a existencia de novos bens titularidade da executada. En caso contrario, declararase a insolvencia.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; serán carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor perante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida ao xuízo do recorrente, artigo 186 da Lei de procedemento laboral. O recorrente que non teña á condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 5076 aberta en Banco Español de Crédito, e deberá indicar, no campo concepto a indicación Recurso seguida do código 31 Social-Revisión. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo a indicación Recurso seguida do código 31 Social-Revisión. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Districar Santiago, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

A secretaria xudicial