Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se somete a información pública un expediente de modificación do contrato de xestión do servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación do seguinte contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral:

– V-2214 XG-203 A Coruña-Canzobre, con anexos, de titularidade de Orons Bus, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 27 de agosto de 2013

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña