Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 79/13, seguido a Segurgás 2013, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido e, ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Segurgás 2013, S.L.U.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Infracción: artigo 31.2 i) da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e artigo 33.3 j) da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia.