Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador E.S. 40/13 seguido a Areas, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Areas, S.A.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador.

Infracción: artigos 2 e 18.3 do Real decreto 1905/1995, do 24 de novembro, do Regulamento para a distribución polo miúdo de carburantes e combustibles petrolíferos en instalacións de venda ao público.