Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37749

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no segundo cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2013, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do CCG

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa

Sen dotación económica

30.5.2013

Acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega para a divulgación das exposicións Luces de alén mar e Nós mesmos en España e América, e a elaboración e publicación dun informe sobre o estudo A emigración galega a Europa

35.000 €

26.6.2013

Protocolo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Casa de Velázquez

Sen dotación económica

16.7.2013