Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37748

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 9 de setembro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2013.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 177, do 17 de setembro, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 36603, punto 4, onde di: «O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 1.010.000 euros (un millón dez mil euros)...», debe dicir: «O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 930.000 euros (novecentos trinta mil euros)...».

Na páxina 36633, cláusula 3ª, Importes e límites das subvencións, onde di:

«a) O importe da subvención será, como máximo:

– Modalidade D.1:...», debe dicir:

«a) O importe da subvención será, como máximo:

– Modalidade C.1:...».