Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37800

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación dos servizos bibliotecarios complementarios para a biblioteca municipal Xosé Neira Vilas.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura e Bibliotecas. Nº de expediente: 14147-331.

2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación de servizos bibliotecarios complementarios para o funcionamento da biblioteca municipal Xosé Neira Vilas.

Lugar de execución: biblioteca municipal Xosé Neira Vilas, con enderezo na avenida de Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo.

Prazo de execución: tres anos máis tres prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 818.310 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 13 de setembro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación