1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Política de Benestar. Nº de expediente: 82392-301.
2. Obxecto do contrato. Descrición: prestación do servizo de teleasistencia domiciliaria.
Lugar de execución: o domicilio das persoas usuarias do servizo de teleasistencia.
Prazo de execución: dous anos máis dúas prórrogas dun ano cada unha.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 264.000 euros.
5. Garantías provisionais: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 13 de setembro de 2013
Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación