Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37804

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de campaña de promoción turística de Vigo en catro destinos xeográficos con conectividade ou proximidade.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo. Nº de expediente: 4867-104.

2. Obxecto do contrato. Descrición: definición e realización dunha campaña de promoción turística de Vigo en catro destinos xeográficos con conectividade ou proximidade, centrada nas actuacións e produtos desenvolvidos ao abeiro do Plan de competitividade turística e baixo a idea central Escápate a Vigo como experiencia turística de proximidade.

Lugar de ejecución: Vigo.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 205.700 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría b.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das follas de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 16 de setembro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación