Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, por lotes das obras de reforzo da capa de rodaxe do firme en diversas parroquias do termo municipal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Vías e Obras. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 1950-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: reforzo da capa de rodaxe do firme en rúas de diversas parroquias do termo municipal. c) División por lotes e número de lotes: si; dous. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: lote 1: tres (3) meses; lote 2: tres (3) meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 639.345,89 euros. Dotación por lotes: lote 1: 311.966,95 euros; lote 2: 327.378,94 euros (IVE incluído).

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: si; grupo G, subgrupo 4, categoría d. No caso de presentarse a un único lote, pode acreditar a solvencia coa presentación da clasificación G-4-C. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 26 días seguintes ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 12 de setembro de 2013

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Contratación