Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37797

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre obras de instalación de cabina de control e aseos e de apertura de aparcadoiro en superficie (expediente 14128/13).

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente nº 14128/13, tramitado por instancia da Fundación para Discapacidade e Emprego Juan XXIII, en solicitude de licenzas municipais de obras de instalación de cabina de control e aseos e de apertura de aparcadoiro en superficie en inmoble sito na rúa de Loureiro Crespo, esquina rúa da Historia, en Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 22 de agosto de 2013

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo