Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37770

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

AUTO (ETX 56/2013)

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 56/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Raúl Varela Munín contra a empresa Auto Arte Galicia, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou Auto do 2 de agosto de 2013 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Continúe esta execución como pecuniaria polo importe de 16.007,31 euros, máis 1.600,07 euros que se orzan para xuros e custas da execución sen prexuízo de ulterior liquidación.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino. A maxistrada xuíza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Auto Arte Galicia, S.L., expido este auto.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

A secretaria xudicial