Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37768

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (353/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 353/2013 por instancia de Carlos González Espada contra Estructuras y Obras de Galicia, S.L. (Esoga, S.L.), a administración concursal de Esoga, S.L., Construcciones Pepe, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 2 de xullo de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Ditame:

Estímase a demanda formulada por Carlos González Espada fronte a Estructuras y Obras de Galicia, S.L., a súa administración concursal, Construcciones Pepe, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Estructuras y Obras de Galicia, S.L., ao demandante.

– Enténdese, ante a imposibilidade de readmisión, feita a opción pola indemnización.

– Declárase a extinción, con data da presente resolución, da relación laboral que unía o demandante con Estructuras y Obras de Galicia, S.L.

– Condénase a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. a aboar a Construcciones Pepe, S.L., en concepto de indemnización, a cantidade de corenta e seis mil novecentos quince euros con trinta e nove céntimos de euro (46.915,39 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Pepe, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

A secretaria xudicial