Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social (RL 2013/0114-4).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.

Expediente: RL 2013/0114-4.

Acta: I362013000045952.

Empresa: Quality Trucks, S.A.

NIF: A-36302279.

Enderezo: polígono industrial As Gándaras de Budiño, 53, O Porriño.

Materia: obstrución.

Preceptos infrinxidos: artigos 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigo 12 do Convenio 81 da OIT, do 11 de xullo de 1947, e artigos 11, 5.3.2. e 7.2 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, en relación co artigo 40 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Preceptos sancionadores: artigos 50.2, 39.1, 39.2 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Data da resolución: 23.7.2013.

Resolución: multa de 626 €.

Fáiselle saber ao interesado que pode formular recurso de alzada, perante o director xeral de Traballo e Economía Social, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda.

Vigo, 2 de setembro de 2013

P.A. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Susana Figueroa Martínez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa