Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctricas no concello de Catoira (expediente IN407A 2013/193-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.

Domicilio social: estrada Igrexa de Dimo, nº 5-A, 36612 Catoira.

Denominación: LMTS, CT Tarrío.

Situación: Catoira.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 110 metros de lonxitude, con orixe e final no paso aerosubterráneo proxectado no apoio 2 da LMTA A Menda-Gondar unha vez entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/420 V, situado en Tarrío, Catoira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 6 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra