Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT derivada Penalonga no concello de Castroverde (expediente 025/2009 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro, núm. 285) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE do 27 de decembro, núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT derivada Penalonga.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 915 metros con orixe en apoio metálico existente da LMT ao CT Penalonga, en condutor LA-56 e final no CT Penalonga, sobre apoios de formigón (9).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE do 17 de decembro, núm. 351).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que coiden oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE do 20 de xuño de 1957, núm. 160).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puider realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 2 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Nº predio

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos. Enderezo

Apoio

Afeccións

Polg.

Parcela

m2

ml aéreo

m2 aér.

3

77

318

Carracedo

Monte alto

- Hrdos. de Lisardo Arias Rancaño

/Repr.: José Antonio Arias Carballedo

Rúa Madanela, nº 77, 27002 Lugo (Lugo)

1

2.0

65.0

1.008.0

18

77

332

Agra de Outavaliño

Prado

- José Pallín Trashorras

Rebordaos, nº 16, 27127 San Xurxo de Rebordaos. Castroverde (Lugo)

0.0

3.0

19

77

333

Agra de Outavaliño

Prado

- José Luis García

Praza Comandante Manso, 16, baixo (Autoescola Lucus), 27001 Lugo

0.0

4.0