Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (363/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 363/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Martínez Vázquez contra a empresa Stear, S.A., Taller de Confección Artextil, S.L. sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Na Coruña, 29 de xullo de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver o presente procedemento ordinario 363/2011 por instancia de María del Carmen Martínez Vázquez, en cuxo nome e representación comparece o letrado David Pena Díaz contra Taller Artextil, S.L. que non comparece, e Stear, S.A., representada pola letrada Alba Costoya Novo.

En nome do Rei pronunciou a seguinte:

Sentenza.

Decisión:

1º. Admito parcialmente a demanda formulado por María del Carmen Martínez Vázquez fronte ás empresas Taller de Confección Artextil, S.L. e Stear, S.A., condenando estas solidariamente a aboar á parte demandante a cantidade de 310,42 euros.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, o mando e o asino.

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Taller Artextil, S.L., expido o presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

O secretario xudicial