Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (365/2011).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 365/2011 por instancia de Mariluz Sande García contra a empresa Taller de Confección Artextil, S.L., sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 26 de xullo de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo que se estima parcialmente a demanda interposta por Mariluz Sande García contra Taller de Confección Artextil, S.L. e, en consecuencia, condénanse as empresas Taller de Confección Artextil, S.L. e Stear, S.A. a lle aboar solidariamente á demandante a cantidade de catrocentos sete euros con corenta e nove céntimos de euro (407,49 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Taller de Confección Artextil, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

A secretaria xudicial