Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37238

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rábade

ANUNCIO para a provisión de dous postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 197, correspondente ao día 28 de agosto de 2013, publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión dos postos de traballador/a social e animador/a sociocultural do cadro de persoal funcionario do Concello de Rábade, mediante o sistema de concurso-oposición, ao abeiro do procedemento previsto na disposición transitoria segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse unicamente no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello.

Rábade, 30 de agosto de 2013

Francisco Xosé Fernández Montes
Alcalde