Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte para vacún de leite e construción dun pozo de xurro no Pazo (Castro).

José Luís Pérez González solicitou licenza municipal para a ampliación de corte para vacún de leite e construción dun pozo de xurro no lugar do Pazo, parroquia de Castro, parcela 771 do polígono 510 de catastro, no termo municipal de Mesía. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do concello durante as horas de oficina.

Mesía, 16 de setembro de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde