Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37236

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións na área da xuventude.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm 207 do luns, día 9 de setembro de 2013, publícanse as bases reguladoras da convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro que realizan a súa actividade no eido da xuventude (área de cultura, turismo, xuventude e promoción da lingua) para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial, de difusión, recuperación e recreación histórica da cidade de Lugo e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións. Exercicio económico 2013, aprobadas por Decreto da Alcaldía núm. 13008302 do 30 de agosto de 2013.

O que se fai público para que produzca os efectos oportunos.

Lugo, 10 de setembro de 2013

PD
Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía,
Emprendemento, Autónomos e Educación