Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Gudiña

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para construción de naves para ampliación de granxa de vacún.

María Espinosa Estévez presentou nestas dependencias o estudo de impacto ambiental, relativo ao proxecto de construción de dúas naves para ampliación de granxa de ceba de vacún no Canizo, no termo municipal da Gudiña.

O devandito estudo foi informado favorablemente pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia (expediente/clave 2012_0146), como órgano ambiental competente para avaliar o impacto ambiental dos proxectos, segundo comunicación núm. 10236/RX546542 de 6.9.2013.

Dando cumprimento ao que se dispón no artigo 9.1 do Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avalación do impacto ambiental de proxectos, sométese a información pública o referido estudo de impacto ambiental, que foi redactado polo enxeñeiro técnico agrícola José Rodríguez Blanco, colexiado núm. 456, da Coita (Lugo), visado baixo o núm. 008/2013.

Os interesados poden examinar o referido documento e demais información que integra o expediente nas oficinas municipais deste concello, como órgano substantivo, por prazo de 30 días hábiles, que comezará a contar desde o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia (o último en publicarse) e formular, por escrito, as reclamacións ou observacións que consideren convenientes.

A Gudiña, 13 de setembro de 2013

Guillermo Lago Pérez
Alcalde