Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37234

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo

ANUNCIO de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal.

Estándose a tramitar nestas dependencias expediente de aprobación do Plan xeral de ordenación municipal, exponse ao público por período de dous meses desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Esta publicación non invalida as alegacións xa presentadas neste concello con anterioridade, nin afecta os informes sectoriais solicitados durante a tramitación do expediente.

Cerdedo, 13 de setembro de 2013

Silvestre José Balseiros Guinarte
Alcalde