Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37233

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de información pública sobre apertura de taller de reparación de automóbiles no Temple.

Talleres Electromecánicos V8 Auto Galicia, S.L. solicitou licenza municipal de apertura para un taller de reparación de automóbiles nas ramas de mecánica, electricidade e electrónica na rúa polígono, núm. 18, parroquia do Temple, termo municipal de Cambre. En cumprimento co disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Cambre, 27 de agosto de 2013

P.D. (R.A. nº 1000, do 17.6.2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de
Urbanismo e Medio Ambiente