Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37239

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública relativo á solicitude de licenza para a legalización e ampliación de explotación de vacún.

Ángel Diéguez Vilameá solicitou desta alcaldía licenza municipal para a legalización e a ampliación de explotación de vacún, situada no lugar da Granxa, O Salto, Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Rodeiro, 12 de setembro de 2013

Luis López Diéguez
Alcalde