Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Forcarei

ANUNCIO de información pública sobre a construción de naves para a cría de visóns nas Carpaceiras-A Graña de Umia (Quintillán).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente AC-73/13-2639, que se tramita neste concello por instancia de Celtic Mink, S.L., para a construción de 48 naves para a cría de visóns no lugar das Carpaceiras-A Graña de Umia (Quintillán), neste termo municipal. Durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte ao da última das publicacións deste edicto que se farán unha no Boletín Oficial da provincia (BOP) de Pontevedra e outra no Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que aquelas persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Forcarei, 12 de setembro de 2013

Belén Cachafeiro Anta
Alcaldesa