Solicitada por Víctor Rodríguez Dono, en representación de Ganadería A Carballeira, S.C., licenza municipal para a ampliación de explotación agropecuaria mediante a construción de almacén e un silo no lugar da Carballeira, parroquia de Albixoi, parcelas 666 e 673 do polígono 505 de catastro, no termo municipal de Mesía, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.
O expediente estará á disposición do público na Secretaría do Concello, durante as horas de oficina.
Mesía, 11 de setembro de 2013
Mariano Iglesias Castro
Alcalde