Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37069

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública relativo a unha explotación agropecuaria nas Cargas.

Solicitada por Juan Carlos Dono Sánchez, en representación de Ganadería As Cargas, S.C., licenza municipal para a ampliación de explotación agropecuaria mediante a construción de silos, ampliación de corte, plataforma de formigón e canle de xurro no lugar das Cargas, parroquia de Cabrui, parcelas 520 e 20634 do polígono 509 de catastro, no termo municipal de Mesía, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no Boletín Oficial da provincia, Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considerarase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio.

O expediente estará á disposición do público na Secretaría do Concello, durante as horas de oficina.

Mesía, 12 de setembro de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde