Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37070

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública relativo á subscrición do Convenio de cesión anticipada de terreos con reserva de aproveitamento urbanístico.

Este concello procedeu á negociación e subscrición do Convenio de cesión anticipada de terreos con reserva de aproveitamento urbanístico, de acordo co disposto polos artigos 233 e seguintes da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de protección do medio rural de Galicia.

En cumprimento do artigo 237 da indicada lei, publícase este anuncio para os efectos da formulación de eventuais alegacións durante o prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación no DOG.

Negreira, 2 de setembro de 2013

Juan J. Rey Maceira
Alcalde