Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pastoriza

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dunha unidade de subministración de combustibles no Carrizal (A Regueira).

Gumersindo Fernández Díaz, en representación de Cooperativa O Xeixo, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha unidade de subministración de combustibles que se situará no Carrizal (A Regueira). En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

A Pastoriza, 11 de setembro de 2013

Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde