Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (92/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 92/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José I. Tallón Fernández contra Reguera Trans, S.L., Explotación Agrícola Ifre, S.L., Logística Cecarmi Lugo, S.L., Jucarmi Logística, S.L., Julio Reguera Santos, Julio Reguera Gómez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo ditame é o seguinte:

– Que desestimando a demanda interposta por José Ignacio Tallón Fernández, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra o empresario Julio Reguera Gómez, como persoa física, representado pola letrada Sra. Lage Díaz, debo absolver e absolvo a expresada parte demandada dos pedimentos contidos naquela demanda.

– Que estimando a demanda interposta por José Ignacio Tallón Fernández, representado polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra as empresas Reguera Trans, S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada; Explotación Agrícola Ifre, S.L., que non compareceu malia estar debidamente citada; Logística Cecarmi Lugo, S.L.; Jucarmi Logística, S.L.; e Julio Reguera Santos, representados pola letrada Sra. Lage Díaz, e coa intervención do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia estar debidamente citado, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que foi obxecto a parte demandante, así como debo condenar e condeno solidariamente as expresadas empresas demandadas a readmitir a parte demandante no seu posto de traballo en iguais condicións que antes do despedimento e lle aboe os salarios de tramitación deixados de percibir a razón de 43,21 euros diarios; así como debo absolver e absolvo o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puider alcanzarlle nos casos legalmente previstos.

Iso con imposición de custas ás empresas demandadas Reguera Trans, S.L. e Explotación Agrícola Ifre, S.L. (incluídos os honorarios do letrado da parte contraria interviniente, ata o límite de 600 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra esta cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que lle sirva de notificación en forma a Reguera Trans, S.L. e Explotación Agrícola Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

Lugo, 29 de agosto de 2013

O secretario xudicial