Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 472/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 472/2011 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Nuria Castro García contra a empresa Opecen Inmobiliaria, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que debo aceptar e acepto parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Nuria Castro García fronte a Opecen Inmobiliaria, S.A., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que lle aboe á parte demandante a cantidade de 14.524,11 euros co xuro moratorio do artigo 29.3 do ET respecto dos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do prazo indicado.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Opecen Inmobiliaria, S.A., en paradoiro ignorado, expídese este edicto.

A Coruña, 2 de setembro de 2013

A secretaria xudicial