Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 36999

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta axencia no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2013 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2013

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas
no segundo cuadrimestre do ano 2013

Convenio

Importe total
do convenio (€)

Data
de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Abegondo para a mellora da intersección no p.q. 7+700 da AC-542 (Mabegondo, Abegondo)

241.674,00

7.5.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Palas de Rei para o financiamento e a execución da mellora do acceso ao cemiterio e rúa Antas de Ulla

164.054,66

30.5.2013

Convenio para o desenvolvemento dun programa de colaboración educativa entre a Axencia Galega de Infraestruturas e a Universidade da Coruña

0,00

18.6.2013

Addenda número 1 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Ferrol para o acceso ao polígono de Bertón, cofinanciado con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013

1.275.000,00

19.6.2013

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Culleredo para a execución de beirarrúas e a recollida de pluviais na estrada AC-215 Fonteculler (AC-211)-O Portádego (N-550)

170.000,00

16.7.2013