A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo 1. Obxecto
Mediante esta orde establécese o prezo privado pola venda da publicación editada pola Consellería do Medio Rural e do Mar: Guía para a renovación do carné básico de usuarios profesionais de produtos fitosanitarios.
Artigo 2. Forma de liquidación e pagamento
O pagamento do prezo deberá realizarse no momento de presentar a solicitude da publicación que se relaciona no anexo, como requisito previo e necesario para a realización da entrega conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e dos prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2013
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Guía para a renovación do carné básico de usuarios profesionais de produtos fitosanitarios: 1 euro.