Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37001

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o segundo trimestre de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará as subvencións concedidas conforme as bases reguladoras das axudas do Igape no Diario Oficial de Galicia, expresando o beneficiario, a finalidade, a contía e a aplicación orzamentaria.

No caso de programas de axuda do Igape convocados en réxime de concorrencia competitiva, o Igape publicará as subvencións concedidas a proxectos en listas de espera elaboradas co fin de que, de producirse desistencias ou renuncias entre os proxectos aprobados, puidesen ser propostos para a concesión, por estrita orde de puntuación acadada e ata esgotarse o crédito dispoñible.

No caso de axudas cofinanciadas por fondos comunitarios, o beneficiario estará suxeito ás normas de información e publicidade que establece o Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, do 8 de decembro, que fixa as normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, do 11 de xullo, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo e ao Fondo de Cohesión.

Así mesmo, o Igape tamén publicará as subvencións concedidas en vía de recurso conforme as súas bases reguladoras, unha vez vistos os recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro das súas bases reguladoras e tras propoñer para a concesión os proxectos aprobados nos recursos aceptados.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape durante o segundo trimestre de 2013 que figura como anexo I.

Segundo. Darlle publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas a proxectos que estaban na lista de espera durante o segundo trimestre de 2013 e que figura como anexo II.

Terceiro. Darlle publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape en vía de recurso durante o segundo trimestre de 2013 que figura como anexo III.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Norma reguladora:

Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG nº 155, do 13 de agosto) pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega estimulando a posta en marcha de proxectos.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A1-741A-7701 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, de acordo coa Decisión C(2012)1621, da Comisión Europea, do 27 de marzo, que modifica a Decisión C(2007)6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 2.08.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG100.2010.1.25

Snop Estampación, S.A.

13.5.2013

7.075.825,00

1.500.074,90

IG100.2010.1.104

Vestas Nacelles Spain, S.A.

13.5.2013

2.120.300,00

318.045,00

IG100.2010.1.130

Enerxía dos Castros, S.L.

13.5.2013

1.505.293,40

301.058,68

IG100.2010.1.137

Galicia Aviónica, S.L.

13.5.2013

2.908.624,44

538.095,52

IG100.2010.1.140

Servicios Viales y Mobiliario, S.L.

13.5.2013

4.464.450,08

853.525,01

IG100.2010.1.152

Gándara Censa, S.A.L.

13.5.2013

20.423.060,50

2.042.306,05

IG100.2010.1.170

MC Mesía, S.L.

13.5.2013

8.807.191,00

1.711.262,45

IG100.2010.1.177

Inaval Ingeniería y Habilitación, S.L.

13.5.2013

1.424.014,00

213.602,10

IG100.2010.1.180

Visecorsa, S.L.

13.5.2013

942.109,99

150.737,60

IG100.2010.1.184

Pérez Torres Marítima, S.L.

13.5.2013

4.600.000,00

690.000,00

IG100.2010.1.172

José Luis Docampo, S.L. (en constitución)

14.5.2013

7.750.562,05

1.349.169,71

Norma reguladora:

Resolución do 24 de febreiro de 2012 (DOG nº 41, do 28 de febreiro) pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axuda financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A1-741A-7708 e 08.A1-741A-7708 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, de acordo coa Decisión C(2012)1621, da Comisión Europea, do 27 de marzo, que modifica a Decisión C(2007)6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 5.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG110.2012.1.138

Yatecomeré, S.L.

8.5.2013

4.778,57

3.345,00

IG158.2012.1.54

Servicios y Contratas Folgoso, S.L. (33,33 %)/Laudemio Investimentos de Galicia, S.L. (33,34 %)/Juanichines, S.L. (33,33 %)

8.5.2013

218.400,00

98.280,00

IG158.2012.1.47

Postmobel, S.L. (40 %)/Muíños García, Víctor Manuel (30 %)/Rosales Carballal, Eusebio (30 %)

27.6.2013

146.510,00

65.929,50

IG173.2012.1.81

Inverbobe, S.L.

8.5.2013

40.000,00

20.000,00

ANEXO II

Norma reguladora:

Resolución do 1 de xuño de 2012 (DOG nº 111, do 12 de xuño) pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras do programa do Igape de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Finalidade:

Concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas integradas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o plan formativo do anexo III das bases reguladoras, coa finalidade de formar titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e o desenvolvemento estratéxico da empresa.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A1-741A-4800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e estarán cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 62.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de
resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG191.2012.1.6

Doce Falcón, Eva María

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.15

Baña Nimo, Laura

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.111

Durán González, Susana

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.121

Moledo Muíño, Lucía

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.307

Castro Estévez, Manuel

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.314

González González, Ana

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.360

Aldegunde Louzao, Natalia

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.379

Argibay López, Ricardo

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.421

López Quintela, Tania

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.445

Pulleiro Recouso, Silvia

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.492

Vázquez Mosquera, Isabel

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.506

García Esmorís, Julián

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.524

Pérez González, Jorge

27.6.2013

9.960

9.960

IG191.2012.1.654

Romero Rañó, Clara

27.6.2013

9.960

9.960

ANEXO III

Norma reguladora:

Resolución do 24 de febreiro de 2012 (DOG nº 41, do 28 de febreiro) pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva.

Finalidade:

Facilitar a internacionalización da empresa galega non exportadora ou con escasa internacionalización e apoiar empresas internacionalizadas para que non só non perdan a súa presenza nos mercados exteriores senón que a incrementen, poñendo ao seu alcance liñas de axuda financeiras que apoien a súa presenza exterior, ampliando o número de países receptores das exportacións galegas e a diversificación dos sectores exportadores.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A1-741A-7708, 08.A1-741A-7814, 08.A1-741A-7708 e 08.A1-741A-7814 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, de acordo coa Decisión C(2012)1621, da Comisión Europea, do 27 de marzo, que modifica a Decisión C(2007)6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, dentro do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 2, tema prioritario 08, actuación 5.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG124.2012.1.35

Asociación Clúster del Naval Gallego

8.5.2013

35.450

28.360

IG173.2012.1.39

Aggaro Design, S.L.

8.5.2013

13.500

6.750

IG173.2012.1.82

Industrias Técnicas de Galicia, S.A.

8.5.2013

25.800

12.900

IG173.2012.1.86

Proyecta Actividades Profesionales de la Construcción, S.L.

8.5.2013

20.400

10.200

Norma reguladora:

Resolución do 4 de abril de 2012 (DOG nº 77, do 23 de abril) pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape ao Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 21 de maio de 2010 (DOG nº 100, do 28 de maio) e modificadas mediante a Resolución do 22 de marzo de 2012 (DOG nº 64, do 2 de abril).

Finalidade:

Incrementar a capacidade innovadora das pemes como medio para aumentar a súa competitividade, contribuír ao seu crecemento sustentable e, na súa consecuencia, favorecer o emprego e a xeración de riqueza.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A1-741A-7702 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Este programa de apoio está cofinanciado nun 80 %, de acordo coa Decisión C(2012)1621, da Comisión Europea, do 27 de marzo, que modifica a Decisión C(2007)6079 pola que se adopta o Programa operativo de intervención comunitaria do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do obxectivo de converxencia na Comunidade Autónoma de Galicia en España, polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no tramo da Administración xeral do Estado do programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 09, actuación Programa Innoempresa; ou ben, dependendo do orzamento dispoñible para a súa execución, polo tramo da Administración autonómica do programa operativo Galicia 2007/2013, que corresponde ao eixe E2, tema prioritario 09, actuación 5.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de
resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG127.2010.3.78

Valar Iniciativas y Desarrollos, S.L.

20.6.2013

12.400,00

4.811,20

IG127.2010.3.117

Human Soft, S.L.

20.6.2013

55.000,00

24.365,00

IG127.2010.3.259

Cultivos Ribeiro, S.L.

20.6.2013

15.000,00

7.404,00

IG131.2010.3.36

Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.

20.6.2013

61.136,48

28.977,03

Norma reguladora:

Resolución do 10 de maio de 2012 (DOG nº 93, do 16 de maio) pola que se convocan para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais, cofinanciados co Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, conforme as bases reguladoras publicadas mediante Resolución do 15 de abril de 2010 (DOG nº 73, do 20 de abril) e modificadas mediante as resolucións do 10 de xaneiro de 2011 (DOG nº 11, do 18 de xaneiro) e do 13 de febreiro de 2012 (DOG nº 39, do 24 de febreiro).

Finalidade:

Mellorar a competitividade empresarial, especialmente nas pequenas empresas, mediante a actuación e coordinación do tecido asociativo a través de proxectos propostos por organismos intermedios de carácter empresarial e dirixidos a colectivos de pemes galegas.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 08.A1-741A-4817 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e poderán estar cofinanciadas ao 80 % co Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 63.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG114.2010.3.62

Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia, Ascega

27.6.2013

14.550,00

7.042,20

Norma reguladora:

Resolución do 1 de xuño de 2012 (DOG nº 111, do 12 de xuño) pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproba as bases reguladoras do Programa do Igape de bolsas formativas para a realización de proxectos de mellora das pemes galegas, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Finalidade:

Concesión de bolsas para a realización de prácticas formativas integradas en programas de mellora nas pemes galegas, segundo o plan formativo do anexo III das bases reguladoras, coa finalidade de formar titulados universitarios en diversas áreas relacionadas coa profesionalización e o desenvolvemento estratéxico da empresa.

Aplicación orzamentaria:

Estas axudas serán financiadas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A1-741A-4800 e 08.A1-741A-4800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica e estarán cofinanciadas ao 80 % polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 62.

Nº de expediente

Nome/razón social

Data de
resolución

Importe subvencionable (euros)

Subvención (euros)

IG191.2012.1.114

Barciela Iglesias, Vanesa

6.6.2013

9.960

9.960