Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 36982

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de prórroga do convenio colectivo da empresa Editorial La Capital, S.L., extensivo á empresa Artes Gráficas La Capital, S.A.

Visto o acordo de prórroga subscrito entre a parte empresarial e os representantes dos traballadores o 28 de xuño de 2013, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o rexistro e o depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, de 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social

ANEXO
Acta final de anexo ao convenio colectivo de 2008 da empresa Editorial La Capital, S.L., extensivo á empresa Artes Gráficas La Capital, S.A.

Representación social:

– Carolina Regueira Arévalo, 53169460S (CIG).

– Javier Quintana Vázquez, 32832220L (CIG).

– Ana María López Suárez, 32822426T (CIG).

– Fernando Mosquera Crespo, 32406393Z (CIG).

– Paola Feal Pinto, 71435764H (UGT).

– María Luisa Castro Hereder, 35288903A (UGT).

– Daniel Alexandre Espada Prieto, 32680129G (CIG).

Representación empresarial:

– Juan Ramón Díaz.

– Ana Lorenzo Benito.

– José María Rioboo Núñez.

Reunidos na sede social da empresa Editorial La Capital, S.L., sita no polígono de Pocomaco, parcela C-12, da cidade da Coruña, o día 28 de xuño de 2013, as persoas arriba indicadas, compoñentes da representación legal dos traballadores e da parte empresarial, acordaron:

1. Prorrogar o convenio colectivo vixente a día de hoxe, que foi publicado no DOG do 14.5.2008 co número 92, código de convenio 8200663, en todos os seus termos ata o 21.12.2014.

2. O presente acordo formará anexo inseparable do citado convenio colectivo de 2008, para a empresa Editorial La Capital, S.L., extensivo á empresa Artes Gráficas La Capital, S.A., xunto cos demais anexos xa acordados con anterioridade ata esta data.