Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36969

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribas de Sil

ANUNCIO de información pública relativa a un proxecto para construción dunha nave avícola, almacén e esterqueira.

Iván Rodríguez Rivera, en representación de Avimoa, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para o proxecto de construción dunha nave avícola, almacén e esterqueira, no lugar da Ventosa, parroquia de Torbeo (parcelas número 8 e 11 do polígono 23), do concello de Ribas de Sil.

En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ribas de Sil, 28 de agosto de 2013

Miguel Ángel Sotuela Vega
Alcalde