Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36968

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de solicitude de licenza municipal para subministración de combustible a vehículos.

Soto Lavado, Engrase y Neumáticos, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para subministración de combustible a vehículos, que se vai localizar no porto de Rianxo. Cumprindo o disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Rianxo, 12 de setembro de 2013

Adolfo Muíños Sánchez
Alcalde