Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36970

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO de exposición pública do expediente urbanístico AP-15/2013.

Tramítase no Departamento de Urbanismo do Concello de Teo.

Actividade: planta de xestión e reciclaxe de residuos da construción e demolición.

Situación: Camiño do Monte de Arriba, A Casalonga, Calo.

Solicitante: Francisco Balseiro Añón, en representación de Carballal de Residuos, S.L.U.

En cumprimento do determinado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sobre avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente á exposición pública durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG e no BOP.

Teo, 28 de agosto de 2013

Rafael Sisto Edreira
Alcalde accidental